Buscar neste blog

domingo, 9 de diciembre de 2012

   Este curso 2012-2013 seguimos a traballar no grupo coas matemáticas aínda que agora en lugar de ser un seminario permanente pasamos a denominarnos grupo de traballo. Centraremos as actividades máis nos xogos en lugar de nos contos, aínda que sin abandonalos. Por este motivo o blog cambiou de nome, pasando de denominarse A matemática nos contos a Xogando coas matemáticas.
  A idea é de recopilar algunhas páxinas webs onde se amosen xogos para traballar dun xeito máis lúdico as matemáticas,  crear cada un de nós algún xogo para a aula, coñecer os traballos  doutros compañeiros/as noutros colexios sobre este mesmo tema  e ir aplicando na aula .Por este motivo  este curso contaremos o vindeiro luns 10 e xoves 13 de decembro ás 17:00 h cunha exposición da súa experiencia da mestra María José Pousa (o seu blog está recomendado por nós no noso blog).
 Ao longo deste curso irémosvos contando as nosas experiencias tal como fixemos o curso pasado.