Buscar neste blog

Mostrando entradas con la etiqueta . Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta . Mostrar todas las entradas

lunes, 13 de febrero de 2012

Na aula de 1º... Que facemos despois do 9?

Poden ir dous, tres, catro, cinco, seis, sete ou máis números xuntos para formar cantidades grandes, pero sempre moi ben ordenadiños.

Os primeiros que se xuntan son o 1 e ó 0 para formar o dez (10). O dez é o número máxico do noso sistema de numeración. Buscamos o número 10 na nosa vida cotiá e atopamos esto…



















Na aula de 1º... Que facemos despois do 1?

Os nenos e nenas de 1º manexamos moitos números e sabemos para que sirven.
O cero (0) é o número de nada, de algo que non está ou non existe.
Cando existen, as cousas poden estar soas (en "Xan Pirillán" todo era 1), ou agrupadas formando cantidades maiores ca 1.

Igual que coas letras e os sons, cada cantidade ten a súa grafía: 0, 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9… e xa non hai máis números, pero sí moitas máis cantidades polo que os números anteriores terán que axudarse a formar cantidades maiores que 9, baixo unha perfecta organización.
Ollo coa grafía dos números! A maioría teñen dereito e revés, e ten que ver coa dereita e a esquerda!
Alicia, a do conto, descubríu un fantástico mundo tralo seu espello… Nós descubrimos que o espello pon a algúns números do revés. Senón, mirade…


OS NÚMEROS NO ESPELLO (video) 

SIN DEREITO NIN REVÉS (video)
 
A partir da unidade, xurden outros números que representan cantidades referidas a máis dunha cousa. Buscamos títulos de contos e películas nos que apareza algún número e atopamos os seguintes:







                              

       
 

CANTIDADES QUE APARECEN:

1 pollo
2 tontos
2 ladrones y medio
2 gatitos
3 ositos
3 cerditos
3 mosqueperros
3 mosqueteras
7 enanitos
7 cabritillos
10 mandamientos
51 planet
80 días
101 dálmatas
20000 leguas  


Queda moito traballo por diante! Todos os números son diferentes, hainos pequenos, grandes, moi grandes e enormes.

O principal criterio para comparar números é o tamaño.










                     





Na aula de 1º... "Xan Pirillán". A unidade

Na aula de 1º traballamos o poema de Antón Peruleiro “Xan Pirillán”, moi sinxelo e con moi boa estructura rítmica para exercitar a memoria verbal, auditiva, e representación simbólica a través do debuxo de cada verso. Os alumnos e alumnas escanearon os seus traballos, gravaron o audio e o compañeiro Jesús montou o vídeo/poema. Este é o resultado…




Buscamos aspectos prematemáticos e matemáticos en “Xan Pirillán”
* Expresión encadeada con rima fácil, comenzando cada verso coa última palabra do anterior, o que lle confire un ritmo e cadencia propios dunha serie perfectamente organizada.
* “A cabalo dun can”, concepto espacial similar a “enriba”; “tirouno nun pozo”, concepto espacial de profundidade, hacia abaixo.
* “O pozo era frío”, sensacións que provocan os opostos, neste caso frío/calor. “O toxo picaba”, sensación picor/suavidade/alivio.
* “Xan pirillán berraba”, relación causa/efecto.
* Concepto de UNIDADE. En “Xan Pirillán” todo é 1, e así o representamos neste panel.