Buscar neste blog

Mostrando entradas con la etiqueta Xan Pirillán. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Xan Pirillán. Mostrar todas las entradas

lunes, 13 de febrero de 2012

Na aula de 1º... "Xan Pirillán". A unidade

Na aula de 1º traballamos o poema de Antón Peruleiro “Xan Pirillán”, moi sinxelo e con moi boa estructura rítmica para exercitar a memoria verbal, auditiva, e representación simbólica a través do debuxo de cada verso. Os alumnos e alumnas escanearon os seus traballos, gravaron o audio e o compañeiro Jesús montou o vídeo/poema. Este é o resultado…




Buscamos aspectos prematemáticos e matemáticos en “Xan Pirillán”
* Expresión encadeada con rima fácil, comenzando cada verso coa última palabra do anterior, o que lle confire un ritmo e cadencia propios dunha serie perfectamente organizada.
* “A cabalo dun can”, concepto espacial similar a “enriba”; “tirouno nun pozo”, concepto espacial de profundidade, hacia abaixo.
* “O pozo era frío”, sensacións que provocan os opostos, neste caso frío/calor. “O toxo picaba”, sensación picor/suavidade/alivio.
* “Xan pirillán berraba”, relación causa/efecto.
* Concepto de UNIDADE. En “Xan Pirillán” todo é 1, e así o representamos neste panel.