Na aula de 1º traballamos o poema de Antón Peruleiro “Xan Pirillán”, moi sinxelo e con moi boa estructura rítmica para exercitar a memoria verbal, auditiva, e representación simbólica a través do debuxo de cada verso. Os alumnos e alumnas escanearon os seus traballos, gravaron o audio e o compañeiro Jesús montou o vídeo/poema. Este é o resultado…
Buscamos aspectos prematemáticos e matemáticos en “Xan Pirillán”
Expresión encadeada con rima fácil, comenzando cada verso coa última palabra do anterior, o que lle confire un ritmo e cadencia propios dunha serie perfectamente organizada.
“A cabalo dun can”, concepto espacial similar a “enriba”; “tirouno nun pozo”, concepto espacial de profundidade, hacia abaixo.
“O pozo era frío”, sensacións que provocan os opostos, neste caso frío/calor. “O toxo picaba”, sensación picor/suavidade/alivio.
“Xan pirillán berraba”, relación causa/efecto.
Concepto de UNIDADE. En “Xan Pirillán” todo é 1, e así o representamos neste panel.
No hay comentarios:
Publicar un comentario